O Club de Lectura de Lugo celebrará unha merenda literaria na beira do Miño para comentar 'Emma'

LugoXa
A xuntanza terá lugar o 30 de xullo ás 18:30 horas e convida aos participantes a compartir lectura, conversa e unha merenda
rio-miño-lugo
12 Jul 2026

O Club de Lectura de Lugo organizará unha nova xuntanza o vindeiro 30 de xullo, ás 18:30 horas, cun formato diferente ao habitual. Nesta ocasión, o encontro desenvolverase na beira do río Miño, onde os asistentes compartirán unha merenda-picnic mentres comentan a novela 'Emma', o clásico da literatura inglesa escrito por Jane Austen.

A organización anima a cada participante a levar algo para picar e beber, co obxectivo de preparar entre todos unha pequena merenda compartida que sirva de complemento á actividade literaria.

Con esta iniciativa, o club busca retomar a súa programación estival aproveitando as boas temperaturas e ofrecer un espazo de encontro no que combinar a lectura coa conversa e a convivencia nun contorno natural.

No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan celebrar a actividade ao aire libre, a organización habilitará un lugar alternativo para manter o encontro na data prevista.

0.12203288078308