O Club Deportivo Lugo cesa ao adestrador do primeiro equipo, Lolo Escobar

LugoXa
Durante a súa xestión, o equipo obtivo bos resultados ao comezo da tempada en Primeira RFEF, pero o feito nos últimos partidos derivou na súa destitución
adestrador-CD-Lugo-Lolo
20 Jan 2025

O Club Deportivo Lugo anunciou a destitución de Lolo Escobar como adestrador do primeiro equipo.

A entidade expresou o seu agradecemento tanto a Escobar como ao seu corpo técnico polo traballo, dedicación e profesionalidade durante a súa etapa no club, desexándolles éxito nos seus futuros proxectos persoais e profesionais.

Lolo Escobar foi presentado como adestrador do CD Lugo o 20 de xuño de 2024, acompañado polo director deportivo Roberto Sáez.

Durante a súa xestión, o equipo obtivo bos resultados ao comezo da tempada na Primeira RFEF, pero os últimos resultados derivaron nunha falta de confianza por parte da entidade deportiva nas capacidades do adestrador.

Así, o 14 de decembro de 2024, o Club Deportivo Lugo foi derrotado na casa 0-1 contra a Ponferradina; o 22 de decembro perderon 1-0 fronte á Gimnástica Segoviana; o pasado 11 de xaneiro de 2025 caeron contra o Ourense CF, e esta fin de semana foron derrotados na casa 1-4 contra a Cultural Leonesa.

Estes resultados deixan ao CD Lugo na 14ª posición da clasificación con 23 puntos, tras 5 vitorias, 8 empates e 6 derrotas.
A directiva do club busca un cambio na dirección técnica para mellorar o rendemento do equipo no que resta da tempada.

0.19219303131104