O Club Deportivo Lugo conseguiu recadar máis de 7.000 euros para os afectados de Valencia

LugoXa
Desde o Club agradecen a todas as persoas que puxeron o seu graniño de area para levar alimentos ás persoas afectadas pola DINA e prepáranse xa para o vindeiro partido
Club-Deportivo-Lugo-victoria-contra-o-Athletic-B
6 Nov 2024

O Club Deportivo Lugo conseguiu recadar máis de 7.000 euros na campaña de solidariedade que promoveu durante o enfrontamento do sábado pasado contra o Athlétic B, ao que gañaron, e os días posteriores coa Fila 0.

A entidade baixou o prezo das entradas para promover que toda a sociedade lucense se achegara ao Anxo Carro e participara da festa do fútbol mentres que o diñeiro recadado serviría para colaborar cos damnificados pola DINA que afectou á Comunidade de Valencia.

Ademais, colocáronse huchas nos accesos ao campo para que as persoas que quixeran puideran seguir colaborando cos afectados polo temporal, así como se puxo en marcha unha Fila 0, na que as persoas interesadas podían comprar unha simbólica entrada, aínda que non foran ao partido, co fin de facer chegar ese diñeiro tamén á recaudación.

Con todo, desde o Club agradecen a todas as persoas que puxeron o seu graniño de area para levar alimentos ás persoas afectadas pola DINA e prepáranse xa para o vindeiro partido, que terá lugar este domingo, 10 de novembro, no Estadi Johan Cruyff de Barcelona.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18455410003662