O Club Deportivo Lugo incorpora a Álex Balboa para reforzar o centro do campo na tempada 2025/26

LugoXa
Internacional absoluto con Guinea Ecuatorial, achega ao equipo lucense un perfil físico e dinámico
Alex-Balboa-CD-Lugo
2 Jul 2025

O Club Deportivo Lugo pechou a incorporación de Álex Balboa para a vindeira tempada 2025/26, tras chegar a un acordo co futbolista vasco, que reforzará a medular do equipo.

Balboa, nado en Vitoria-Gasteiz no ano 2001, conta con 24 anos e formouse na canteira do Deportivo Alavés. Ten experiencia tanto no fútbol estatal como internacional, tras militar en equipos como o propio Alavés e a SD Huesca, cos que disputou máis de 20 partidos na Segunda División.

Na pasada campaña xogou na Eredivisie dos Países Baixos, competindo co Almere City FC, o que lle permitiu sumar minutos nunha das principais ligas europeas.

Internacional absoluto con Guinea Ecuatorial, achega ao equipo lucense un perfil físico e dinámico, con capacidade de percorrido, intensidade e adaptación a distintos esquemas de xogo.

O contrato asinado con Balboa é por unha tempada, aínda que contempla a opción de renovación por un segundo ano en función de obxectivos deportivos.

⚙ Configurar cookies
0.17725992202759