O Club Fluvial de Lugo abre as inscricións para os campamentos de verán

LugoXa
Programan deste xeito un campus de verán bilingüe e campamento multideportivo para nenos e nenas de 5 a 14 anos.
nenos_campamento_conciliacion_xogar
Imaxe de arquivo
7 Xuño 2024

O Club Fluvial de Lugo abre as inscricións para os campamentos de verán e gozar das instalacións con actividades ao aire libre. Programan deste xeito un campus de verán bilingüe e campamento multideportivo para nenos e nenas de 5 a 14 anos. Nel traballaranse disciplinas como tenis, fútbol, baloncesto, atletismo ou piragüismo, entre outros.

Organízase por semanas dende o 24 de xuño ata o 16 de agosto. A entrada será ás 9.00 horas e as saídas ás 14.00 ou 15.00 horas en función de se quedan no comedor ou non. Ten un custo de 75 euros para socios e 95 para os non asociados.

0.18870496749878