O Club Fluvial organiza unha nova edición da carreira popular San Silvestre

LugoXa
O Club Fluvial celebra a 28ª edición da carreira popular San Silvestre que terá lugar o vindeiro 31 de decembro.
carreira san silvestre
27 Nov 2022

O Club Fluvial de Lugo celebra a 28ª edición da carreira popular San Silvestre que terá lugar o vindeiro 31 de decembro.

A proba contará con varias categorías nas que os participantes recorrerán diferentes distancias. Os primeiros en empezar serán os Minis, que terán a saída e a meta diante do edificio do Club Fluvial, percorrerán 100 metros e a proba dará comezo ás 16.45. Esta categoría contará cunha chocolatina e un pasteliño ao chegar a meta.

A saída das seguintes categoría será unha vez finalice o último corredor da categoría anterior. Os benxamíns e alevíns correrán unha distancia de 1300 metros, os infantís e cadetes 2100 metros e o resto de participantes 7200 metros.

A recollida de dorsais terá lugar o día 30 de decembro de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas no Club Fluvial. Para os atletas de fora da localidade será o mesmo día da proba de 15.00 a 16.00 horas.

Os tres primeiros clasificados da xeral tanto masculina e feMiñona recibirán un trofeo e os tres primeiros clasificados de cada unha do resto das categorías recibirán unha medalla personalizada. Ademais todos os participantes, menos os da categoría mini, recibirán unha camiseta.

As inscricións poderán realizarse nesta páxina ata o 27 de decembro.

0.15742921829224