O Club Natación PortaMiñá comeza o Campionato de España de Natación cunha cuarta posición de Martín Vázquez

O Club Natación PortaMiñá de Lugo iniciou este xoves a súa participación no LXIX Campionato de España de Natación Absoluto Open P25-Astralpool, que se disputa en Madrid ata o domingo 15 de novembro, cunha primeira xornada na que destacou a actuación de Martín Vázquez, que conseguiu unha cuarta posición na final B dos 100 metros costas.
Na sesión da mañá competiron Brais Pérez, nos 400 metros libres, e Sofía Mourenza, nos 200 estilos. Ambos afrontaron a súa primeira proba neste campionato nacional. Pola súa banda, Martín Vázquez conseguiu clasificarse para as finais B dos 100 costas e dos 50 libres, que disputou pola tarde. O nadador lucense rematou cuarto nos 100 costas e noveno nos 50 libres.
O PortaMiñá conta con sete representantes nesta cita nacional: Sofía Mourenza, Inés Mourenza, Martín Vázquez, Brais Novo, Alejandro Vázquez, Pablo Rodríguez e Brais Pérez.
A segunda xornada contará coa participación de Inés Mourenza, nos 200 metros bolboreta; Pablo Rodríguez, nos 100 estilos; e Sofía Mourenza e Alejandro Vázquez, nos 200 metros braza.