O Club Natación PortaMiñá de Lugo comeza a pretemporada en Cervo

LugoXa | AMariñaXa
O club lucense elixiu Cervo polas facilidades que se lle deron para o acceso ás súas instalacións, que contan con unha piscina olímpica
club portamina lugo en cervo 2023
club portamina lugo en cervo 2023
6 sep 2023

O club de natación lucense, que conta con máis de 60 nadadores e nadadoras, escolleu, un ano máis, o Concello de Cervo polas facilidades que desde a Administración local se lle deron para o acceso ás instalacións, entre as que destaca a piscina municipal, a única de dimensións olímpicas de toda a provincia de Lugo.

Ao longo de esta semana están a gozar das actividades e das instalacións da zona co obxectivo de ter unha boa posta a punto para o inicio da súa tempada de competicións.

A rexedora, Dolores García Caramés, mantivo un encontro con toda a expedición, convidándoa a que desfrute ao máximo de todo canto pode ofrecer Cervo “é un orgullo que clubs da talla do Club Natación Portamiñá se interesen polas nosas instalacións” –apuntou- e “para nós é unha prioridade darlle vida á nosa piscina e fomentar o uso das instalación deportivas de calidade que temos no noso municipio”.

0.19984602928162