O Club Natación PortaMiñá foi recoñecido como o mellor club galego de natación

LugoXa
"Un recoñecemento moi merecido e que avala o traballo do club en todas as súas categorías", defenden desde o Club
Club-PortaMiñá-Lugo
2 Nov 2024

A Federación Galega de Natación celebrou no MIHL a Gala da FEGAN, na que entregou os premios e distincións polos resultados obtidos na tempada 2023 - 2024.

O Club Natación PortaMiñá foi recoñecido como o mellor club galego de natación de Base nas categorías Prebenjamín, Benjamín e Alevín polos resultados obtidos.

Estes refírense á consecución de 2ª posición en Liga Galega Prebenjamín, 1ª posición no Festival Gallego Prebenjamín, 1ª posición en Liga Galega Benjamín, 2ª posición en Copa Galega Benjamín, 2ª posición en Liga Galega Alevín , 1ª posición no Campionato Galego Alevín de Inverno e 1ª posición no Campionato Galego Alevín de verán.

Ademais, o equipo masculino Absoluto foi proclamado como o mellor equipo galego da tempada pasada: quedando en 1ª posición no Campionato Galego Absoluto de inverno, 1ª posición no Campionato Galego Absoluto de Verán, 1ª posición en Copa de España e 2ª posición na División fase autonómica. "Un recoñecemento moi merecido e que avala o traballo do club en todas as súas categorías", defenden desde o Club.

0.20442700386047