O Club Natación PortaMiñá proclámase campión da Liga Galega de Clubs Benxamín

LugoXa
A entidade lucense remata a competición na primeira posición tras seis xornadas e supera ao CN Ferrol e ao Club Fluvial de Lugo na clasificación final
equipo-benxamín-campión-de-liga-CN-Portamiñá-Lugo
5 Jun 2026

O Club Natación PortaMiñá Lugo proclamouse campión da Liga Galega de Clubs na categoría benxamín tras a disputa das seis xornadas que compuxeron a competición desta tempada.

O conxunto lucense conseguiu o primeiro posto da clasificación final cun total de 9.842 puntos, por diante do CN Ferrol, que rematou na segunda posición con 7.405,5 puntos, e do Club Fluvial de Lugo, terceiro clasificado con 7.036 puntos.

Este resultado culmina unha tempada marcada polo esforzo, a dedicación e a progresión dos nadadores e nadadoras máis novos do club, que lograron situar á entidade na primeira posición da competición autonómica.

Desde o PortaMiñá destacaron o traballo realizado ao longo de toda a campaña polos seus deportistas, poñendo en valor a ilusión e o compromiso demostrados durante as distintas xornadas da liga.

O club felicitou a todos os integrantes da categoría benxamín por este éxito deportivo, subliñando que representan o presente e o futuro da entidade lucense.

0.11893200874329