O Club Natación PortaMiñá proclamouse campión galego masculino no Campionato Galego Alevín de Verán

O Club Natación PortaMiñá de Lugo participou no Campionato Galego Alevín de Verán, celebrado en Pontevedra, nunha cita na que volveu demostrar o excelente nivel da súa canteira e a consolidación do seu traballo de base.
O conxunto masculino proclamouse campión galego ao acadar o primeiro posto por equipos, nunha competición na que mostrou un alto rendemento en todas as probas disputadas.
Pola súa banda, o equipo feminino realizou tamén unha destacada actuación, rematando a competición nun meritorio terceiro posto, confirmando o bo momento das categorías inferiores do club lucense.
Na clasificación conxunta, o PortaMiñá acadou igualmente unha terceira posición final, sumando un novo éxito colectivo nun campionato de alto nivel autonómico.
Estes resultados reforzan a traxectoria recente do club, que tras os triunfos dos equipos prebenxamín, benxamín e agora alevín, consolida a súa posición como un dos principais referentes da natación de base en Galicia.