O Club Polideportivo Lucense leva o balonmán á rúa este venres en Lugo

LugoXa
A Praza Anxo Fernández Gómez acollerá unha xornada deportiva aberta ao público entre as 17.00 e as 21.00 horas
equipo-CP-Lucense-Millaven
11 Sep 2026

O Club Polideportivo Lucense de balonmán organizará este venres, 11 de setembro, unha nova edición de "Deporte na Rúa", unha actividade coa que achegará este deporte á cidadanía e permitirá coñecer de primeira man a súa práctica.

A xornada desenvolverase na Praza Anxo Fernández Gómez, situada detrás do Concello de Lugo, entre as 17.00 e as 21.00 horas.

Durante a tarde, as persoas que se acheguen poderán coñecer o balonmán nunha proposta aberta que contará tamén con diferentes sorpresas preparadas polo club.

A actividade pretende ofrecer unha oportunidade para descubrir este deporte e achegarse ao traballo que desenvolve o Club Polideportivo Lucense.

0.15266895294189