O club vivariense e o Rácing Vilalbés loitarán polo trofeo Cidade de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro promove a celebración do cuadraxésimo segundo Trofeo Cidade de Viveiro de fútbol que enfrontará no estadio municipal de Cantarrana ao clube do Landro co Rácing Club Vilalbés.
O club vivariense e o Rácing Vilalbés loitarán polo trofeo Cidade de Viveiro
12 Ago 2019

O Concello de Viveiro promove a celebración do cuadraxésimo segundo Trofeo Cidade de Viveiro de fútbol que enfrontará no estadio municipal de Cantarrana ao clube do Landro co Rácing Club Vilalbés.

O partido disputarase o xoves, día 15 de agosto, ás sete da tarde, en plenas festas patronais de Viveiro.

Os socios entrarán de balde ao estadio para ver o encontro.

A pretemporada xa arrancou para os tres equipos mariñáns de Preferente, se ben semella que a vivariense é a única plantilla xa pechada. Ás órdes de Chusky en Cantarrana xa se puxo a gran maioría do grupo que rozou o salto de categoría despois de trece campañas consecutivas competindo en Preferente. Kiko, Poceiro, Dani Carnota, Yoel e Aitor son as únicas baixas, namentres que ao proxecto celeste téñense sumado Manu Cedrón, Gerardo, Álex Pérez e Antón. Desde a canteira, ademáis, promocionaron Jairo, Macly e Xoel Rodríguez, este último tras un curso co Conxo na Liga Nacional xuvenil.

0.19475102424622