O clube Náutico de Ribadeo homenaxeará a cen socios na asamblea do día 14

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Ago 2019

O Real Club Náutico de Ribadeo convoca aos seus 900 asociados, aproximadamente, a asistir a unha asemblea xeral ordinaria que terá lugar o día 14 de agosto, mércores, nunha xornada na que está previsto homenaxear a un cento de asociados. 

A asemblea vaise celebrar no salón social da entidade ribadense, ás 20:00 horas, en primeira convocatoria e ás 20:30, en segunda, co seguinte orde do día: para empezar, darase lectura e aprobación se procede á acta da última asemblea. 

Despois, abordarase o estudo e tamén se someterá a aprobación das contas correspondentes ao exercicio de 2018.

A entidade que preside Ramón Acuña tamén prevé aprobar as contas do presente exercicio, as de 2019, así como expoñer unha serie de informes e propostas por parte da xunta directiva.

Respecto da anterior xunta directiva, daráse conta da situación do expediente.

Un dos puntos máis agardados será o recoñecemento aos cen socios, da terceira tanda, máis antigos da entidade, antes de proceder á parte de rogos e preguntas.

0.10968995094299