O colectivo Nordés trae ao Vicedo a función 'A Enciclopedia Álvarez'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Out 2019

O sábado 5 de outubro, ás 20.00 horas, a asociación Nordés organiza unha xornada de teatro no Vicedo grazas ao programa provincial de apoio ao eido da escea afeccionado, Buxiganga, impulsado dende a Deputación de Lugo. O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros representará na Casa da Cultura a obra de teatro 'Enciclopedia Álvarez'.

Esta obra, estreada no ano 2017, conta a  historia dos nenos e nenas que durante o franquismo foron sometidos á absurda e ilóxica des-educación da escola do réxime. Esta historia está contada desde o prisma dos adultos que son agora mostra das escolas que houbo durante aquela etapa e o tratamento que se facía nelas de temas como o feminismo, a lingua, a autoridade ou a relixión. Unha historia contada con humor, pero que fai reflexionar, aínda que sexa chorando de risa.
0.10450005531311