O colectivo Rozamurallas Lugo organiza a VI Papanoelada Motera
O colectivo Rozamurallas Lugo organiza a VI Papanoelada Motera na cidade o vindeiro 22 de decembro, á que animan a participar a toda a veciñanza con moto.
Desta maneira, as persoas participantes deberán ir disfrazadas de Papá Noel e percorrer a cidade de Lugo coas súas motos desde o parking das Termas ata a praza de Augas Férreas, onde rematará a iniciativa.
Este ano, ademais, un dos organizadores, Xairo, explica que desde un colectivo de persoas de Lugo que fan quedadas con coches pedíronlles participar tamén neste evento, así que este ano motos e coches compartirán unha xornada cargada de espírito navideño.
Esta iniciativa, que cada vez acolle máis participantes, é "moi bonita, xa que veñen as familias cos seus nenos e vennos saír e hai moita xente esperando a que chegue este evento anual", di Xairo, que tamén lembra que se lanzan caramelos para que os nenos e nenas desfruten dunha experiencia "parecida á cabalgata de Reis".