O comité de Alcoa recollerá xoguetes para agradecer o seu apoio á Mariña

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa en Cervo organizou entre os traballadores unha recollida de xoguetes para axudar ás familias con menos recursos.
2 Dec 2019

O comité de empresa de Alcoa en Cervo organizou entre os traballadores unha recollida de xoguetes para axudar ás familias con menos recursos.

José Antonio Zan, o presidente do comité, explicou que a recollida de xoguetes realizarase entre os días 2 e 17 de decembro nos propios locais do comité de empresa de Cervo.

Zan espera que se sumen a esta iniciativa "os 1.150 traballadores da propia factoría e tamén os empregados das empresas auxiliares?.

Precisou que é unha mostra máis de "agradecemento a todo o apoio que os veciños da comarca estanlles dando", pero tamén unha iniciativa para axudar ás familias que máis o necesitan".

Ademais de xoguetes, o comité tamén recollerá alimentos, e fará entrega das donacións a Cáritas para que se encargue da súa distribución entre as familias máis necesitadas da Mariña.

0.19483304023743