O comité de traballadores de Alcoa reuniuse cos representantes de Asime

TerraChaXa | LugoXa
Hoxe reunironse co comité de traballadores de Alcoa San Cibrao, Enrique Mallón Otero, secretario xeral de Asime, asociación de industriais do metalúrxicos de Galicia, e Xusto Sierra Rey, presidente da mesma e xerente de Urovesa.
Captura de pantalla 2020 03 05 a las 17.53.49
26 Out 2020

Hoxe reunironse co comité de traballadores de Alcoa San Cibrao, Enrique Mallón Otero, secretario xeral de Asime, asociación de industriais do metalúrxicos de Galicia, e Xusto Sierra Rey, presidente da mesma e xerente de Urovesa.

Neste encontro, a asociación traladou a súa preocupación pola situación da fábrica de aluminio de San Cibrao e a súa inquietude polo sector do aluminio en España.

O mércores 28 de outubro o TSXG pronunciarase sobre as medidas cautelares ao ERE solicitadas polo comité de empresa, Xunta e Goberno central, entre elas que impida á empresa paralizar as cubas.

Por outra banda, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou que o Goberno central verá “cales son os seguintes pasos” a dar con respecto á planta unha vez se pronuncie o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre as medidas cautelares solicitadas polo comité.

"O Goberno está aquí para manter os postos de traballo e as capacidades produtivas”, recalcou Maroto, quen lembrou que “esta planta é estratéxica e é a única de aluminio primario en toda España". A ministra dixo que o Estado “está a traballar nun requirimento que vai ser moi importante desde o punto de vista ambiental”. Esas esixencias poderían estar relacionadas coa balsa de lodos de Alcoa, cuxa saturación está prevista para 2025.

0.16409587860107