O Concello adhírese ao Sistema de Alerta Temperá de Internet contra os ciberataques

LugoXa
O Goberno de Lara Méndez recibiu recentemente a confirmación oficial da adhesión do Concello de Lugo ao Sistema de Alerta Temperá de Internet (SAT-Inet) do Equipo de Resposta a Incidentes de Seguridade da Información do Centro Criptolóxigo Nacional (CCN-CERT).
internet
23 Nov 2023

O Goberno de Lara Méndez recibiu recentemente a confirmación oficial da adhesión do Concello de Lugo ao Sistema de Alerta Temperá de Internet (SAT-Inet) do Equipo de Resposta a Incidentes de Seguridade da Información do Centro Criptolóxigo Nacional (CCN-CERT).

O Sistema de Alerta Temperá de Internet (SAT-Inet) é un sistema desenvolto polo CCN-CERT e que busca actuar antes de que se produza un incidente de seguridade ou, cando menos, detectalo nun primeiro momento e reducir o seu impacto e alcance. Este sistema permite a detección rápida de incidentes e anomalías dentro da Administración e as empresas de interese estratéxico, e é un dos servizos prestados polo CCN (Centro Criptolóxico Nacional), cuxo obxectivo fundamental é contribuír a mellora da ciberseguridade española.

Esta é unha das actuacións postas en marcha polo Goberno de Lara Méndez, incluídas no Compoñente 11 (Modernización das Administracións Públicas) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, promovido polo Executivo central. Deste xeito, estas actuacións foron financiadas con cargo ás subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións Locais e, no caso do Concello de Lugo, supuxo un investimento de 366.500 euros.

Tamén con cargo a esta subvención, financiada ao 100% pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU, desplegáronse outras actuacións para a modernización das infraestruturas municipais, como a recente renovación da Rede WiFi Municipal.

Estas actuacións forman parte do plan de modernización das infraestruturas do Concello posto en marcha polo executivo de Lara Méndez, que xa acadou a renovación de todo o parque informático municipal ou a posta en marcha da sede electrónica do Concello e da plataforma de licitación electrónica, que facilita o acceso da cidadanía e empresas aos distintos servizos municipais, e que continuará coa implementación doutras ferramentas (renovación integral da electrónica de rede e comunicacións) e de novas solucións dixitais (renovación da carpeta cidadá).

0.17156505584717