O Concello concede unha subvención á AFA Viveiro e cederalle un novo local

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro vén de asinar un convenio de subvención nominativa coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, por importe de 15.
aulacemit min min min
19 Sep 2020

O Concello de Viveiro vén de asinar un convenio de subvención nominativa coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, por importe de 15.000 euros, co obxectivo de colaborar con este entidade, que vén prestando asistencia aos usuarios co fin de mellorar a súa calidade de vida, prestando, así mesmo, apoio aos seus familiares e realizando campañas informativas e actividades destinadas a dar visibilidade a esta doenza.

Ademais, o goberno municipal está a realizar os trámites necesarios para cederlle á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer un local máis amplo que servirá para unha mellor prestación do servizo.

Tendo en conta que o 21 de setembro se celebra o Día Mundial do Alzheimer, dende o Concello de Viveiro quérese aproveitar a ocasión manifestar o noso apoio e a nosa solidariedade aos afectados.

O concello considera que o alzheimer é  un problema socio-sanitario de primeira magnitude, unha enfermidade especialmente dura, triste e cruel cuxa dependencia afecta non só á ao enfermo, senón tamén á súa familia.

“Neste sentido, quero aproveitar a ocasión para agradecer publicamente á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro polo seu traballo, compromiso e dedicación, polos esforzos realizados para mellorar a calidade de vida dos viveirenses afectados por esta doenza e das súas familias, prestando asistencia psicolóxica e ofrecendo servizos e apoio e respiro familiar”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Finalmente, con motivo desta data, na noite do luns 21 ao martes 22 de setembro, a Porta de Carlos V iluminarase de cor lila como mostra de apoio e solidariedade con todos os afectados e as súas familias.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18043494224548