O Concello da Fonsagrada asina un convenio de colaboración coa asociación Antaruxas e Sorteiros

LugoXa
O convenio supón unha achega de 10.000 euros cos que o Concello contribuirá a financiar as actividades que leva a cabo a agrupación
fonsagrada sinatura convenio antaruxas sorteiros
12 Mar 2021

O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, e a presidenta da asociación cultural Antaruxas e Sorteiros, Emilia Llano, asinaron este venres un convenio de colaboración para o presente ano, de 10.000 euros, co que o Concello contribúe á financiación das actividades que promove este colectivo.

Emilia Llano agradeceu ao Concello esta achega económica, que facilitará á agrupación seguir organizando accións como as clases de baile, música e percusión rexionais que levan a cabo.

A asociación Antaruxas e Sorteiros ten a día de hoxe preto de 200 socios. Despois dun certo parón, obrigado pola situación sanitaria, o colectivo está a recuperar a súa actividade, con iniciativas como as tradicionais 'pola vilas' nas que, os sábados pola tarde cada quince días, convidan a todo aquel que o desexe a aprender "os puntos de xota, muiñeira,... de xeito sinxelo e sen complexos". As persoas interesadas poden informarse no 699 013 965.

0.16970705986023