Antas de Ulla adquire un punto limpo móbil

LugoXa
El ayuntamiento de Antas de Ulla adquiere un punto limpio móvil que favorece la reutilización y buena eliminación de residuos.
punto limpo mobil antas de ulla
punto limpo mobil antas de ulla
8 dic 2021

O Concello de Antas de Ulla adquire un Punto Limpo Móbil. Este é un contedor compartimentado no que se poden depositar diferentes tipos de residuos, como pequenos aparatos eléctricos, xoguetes, teléfonos móbiles, tóner e cartuchos de impresoras e pilas e baterías.

O obxectivo deste tipo de contedores é axudar a destinar estes elementos para a súa reutilización e favorecer a súa reciclaxe ou correcta eliminación.

Para que todos os veciños poidan facer uso deste servizo o punto limpo móbil realizará unha ruta regular por todas as parroquias do concello, estacionando nun lugar céntrico de cada parroquia e permanecendo aí durante un tempo determinado.

Os puntos limpos móbiles achegan ao cidadán os medios precisos para impedir que determinados tipos de residuos acaben en contedores inadecuado, abarcando unha gran variedade de residuos en poucos espazos.

Ademais, o Concello aproveitou para adquirir o equipamento preciso para o depósito de aparellos e voluminosos, grandes electrodomésticos, residuos de obra de orixe doméstica e restos de poda.

punto limpo mobil antas de ulla2