O Concello de Antas de Ulla organiza durante este curso catro clubes de lectura para diferentes idades
O Concello de Antas de Ulla organiza durante este curso catro clubes de lectura para diferentes idades e un encontro literario na Biblioteca Municipal. En total, están anotadas 70 persoas nestas actividades.
“Con estas iniciativas, queremos potenciar a promoción e os hábitos de lectura desde idades moi tempranas”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto.
No clube de bebés, son as nais e os pais os que fan de contacontos, sempre traballando o visual, o son e sentidos como o tacto por medio de diversas actividades relacionadas co conto do día, rematando sempre desta forma o préstamo de libros para casa.
Nos outros clubes infantiles sempre se fan actividades de animación a lectura e, segundo as idades, profundízase no contido e forma da narración que leron.
No encontro literario preténdese traballar de forma lúdica diferentes manifestacións literarias e dalas a coñecer entre os máis novos, ben sexa poesía, teatro, cómic, fábulas, revista, etcétera.