O Concello de Baleira celebra as Xornadas Degustación do Cocido da Montaña

LugoXa
As xornadas tamén inclúen un desfile de disfraces aberto a todas as persoas, polo que o pavillón abrirá as súas portas ás 17.30 horas para as persoas que queiran participar
Xornadas-de-cocido-Baleira
4 Mar 2025

O Concello de Baleira celebra as Xornadas Degustación do Cocido da Montaña no pavillón municipal.

Este evento, que combina a gastronomía tradicional da zona co ambiente festivo do Entroido, ofrecerá aos asistentes un día cheo de sabor, música e diversión.

A xornada contará cunha actuación da Banda Toxo Queimado ás 14.00 horas e o xantar terá lugar a partir das 14.30 horas. Este consistirá nun cocido tradicional acompañado de bebida e doces típicos do Entroido.

As xornadas tamén inclúen un desfile de disfraces aberto a todas as persoas, polo que o pavillón abrirá as súas portas ás 17.30 horas para as persoas que queiran participar neste divertido desfile, que terá lugar ás 18.00 horas.

Durante toda a tarde, os nenos e nenas poderán disfrutar de inchables gratuitos, mentres que o DJ poñerá música e animación para garantir unha festa con moita diversión.

Un dos alicientes adicionais será o sorteo de dúas caixas con produtos típicos, que se realizará ao finalizar o xantar. Todas as entradas vendidas estarán numeradas e depositadas nunha urna, e os gañadores serán seleccionados por megafonía.

No caso de non aparecer os afortunados, esperarase cinco minutos e volverase a sortear. Para retirar as caixas, será necesario presentar a entrada.

⚙ Configurar cookies
0.19325423240662