O Concello de Baralla organiza un concurso fotográfico para crear o almanaque anual
O Concello de Baralla organiza o concurso fotográfico Baralla, un paraíso escondido en 16 fotos, o noso calendario veciñal para crear un calendario para o vindeiro ano 2024 co fin de fomentar a participación cidadá nunha actividade comunitaria e compartida.
O calendario editarase con 14 imaxes, unha por cada mes e outras dúas para a portada e a contraportada que serán seleccionadas por un xurado. O calendario será distribuido entre os veciños do municipio de forma gratuíta.
Poderán participar no concurso de fotografía todas aquelas persoas físicas, empadroadas ou non no municipio de Baralla e as fotografías poderán realizarse en calquera lugar do municipio de Baralla. Deberán ser orixinais, inéditas e actuais e que non fosen expostas, publicadas ou difundidas por ningún outro medio.
O encadre das imaxes deberá ser horizontal e adaptable ao tamaño 10 x 12 cm, co fin de non ter que recortar as fotografías ou parte das mesmas para adaptala á maquetación do calendario.
As persoas que desexen participar no concurso fotográfico deberán remitir un correo electrónico ao seguinte enderezo: concellobaralla@concellobaralla.es antes do 24 de novembro ás 23.59 que remata o prazo de inscripción.