O Concello de Becerreá conta cun punto limpo móbil novo

LugoXa
El ayuntamiento de Becerreá cuenta con un nuevo punto limpio móvil para ofrecer este servicio a sus vecinos.
punto limpo becerrea2
punto limpo becerrea2
27 dic 2021

O Concello de Becerreá implanta un novo punto limpo móbil grazas ao proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais para o financiamento de actuación en materia de residuos de competencia municipal.

Este tipo de contedores contribúen á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural.

Punto limpo móbil
O punto limpo móbil é un contedor compartimentado no que é posible depositar diferentes tipos de residuos, como pequenos aparatos eléctricos, pilas, lámpadas, etc. O obxectivo deste tipo de contedores é axudar a destinar estes elementos para a súa reutilización e favorecer a súa reciclaxe ou correcta eliminación. O depósito dos residuos realízase de xeito sinxelo a través das diferentes bocas sinalizadas convenientemente.

Os puntos limpos móbiles achegan ao cidadán os medios precisos para impedir que determinados tipos de residuos acaben en contedores inadecuados, abarcando unha gran variedade de residuos en poucos espazos.

Para facilitar o seu uso polos veciños, o punto limpo móbil realiza unha ruta regular polas diferentes parroquias do concello, estacionando en zonas previamente seleccionadas.