O Concello de Burela entregou 4.000 máscaras aos centros educativos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Burela repartiu estes días 4.
2044e11e e593 4a5f adf5 fbd3559c830e
10 Out 2020

O Concello de Burela repartiu estes días 4.000 máscaras para o alumnado dos centros educativos da localidade. Desa partida 1.000 son de tamaño infantil, para nenos e nenas con idades comprendidas entre 8 e 10 anos, e as 3.000 restantes de tamaño adulto. Cada centro recibiu un milleiro.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “rematamos onte de entregar nos diferentes colexios de Primaria e de Secundaria de Burela un lote de 4.000 máscaras en total que se repartiron a 1.000 por centro educativo. Son de diferentes tamaños, loxicamente nos de Primaria hai algunhas que son infantís e outras son de maiores e nos de Secundaria, como é normal, son todas de persoas adultas. Estas mil máscaras en cada centro entréganse co propósito de colaborar desde o Concello de Burela con aquelas necesidades que puideran ter cada un dos colexios para manter a seguridade. Ese material poderá ser empregado tanto por profesores como polo alumnado”.

O rexedor engadiu que “agora mesmo o Concello de Burela está intentando cooperar en todo aquilo que pensamos que é bo para que todo funcione perfectamente en todos os colexios. Hai que ter en conta que tamén estamos colaborando na desinfección e na limpeza dos centros de Primaria. Ademais intentamos axudar en todo o que se nos pide e que vemos que podemos ofrecer nos centros de Secundaria. Estamos abertos a calquera suxestión e petición que poida xurdir no futuro, sempre e cando teñamos capacidade, material e persoal para atender todas as necesidades que poidan xurdir derivadas do coronavirus”.

A concelleira de Servizos Sociais en Burela, Carmela López, declarou que “se trata dunha partida de 4.000 máscaras que nos fixo chegar o Ministerio, a través da Deputación de Lugo, e que decidimos poder sumar a ese stock que teñen os centros educativos para empregar como mellor o precisen, entre o alumnado da nosa vila”.

0.14716792106628