O Concello de Castro de Rei abre a inscrición nas actividades deportivas para o curso 2026/2027

LugoXa | TerraChaXa
A oferta inclúe ximnasia rítmica, patinaxe, piscina e multideporte e está dirixida ao alumnado de infantil e primaria dos CEIP Veleiro Docampo e Ramón Falcón
actividades-deportivas-castro-de-rei
20 Sep 2026

O Concello de Castro de Rei xa ten aberta a inscrición nas actividades deportivas municipais para o curso 2026/2027, unha programación destinada ao alumnado de educación infantil e primaria dos CEIP Veleiro Docampo e Ramón Falcón.

A proposta inclúe actividades de ximnasia rítmica, patinaxe, piscina e multideporte. As sesións desenvolveranse en diferentes instalacións e espazos do municipio ao longo da semana. Os luns haberá piscina nas Castro Riberas de Lea, con saída ás 16.15 horas desde o pavillón deportivo e actividade de 18.30 a 19.15 horas. Os martes tamén se realizará piscina, neste caso no Castro de Rei, con saída ás 17.45 horas desde o CEIP Ramón Falcón e actividade de 18.30 a 19.15 horas.

Os mércores será a quenda da ximnasia rítmica en Castro de Rei cun grupo grupos de 16.15 a 17.15 horas, ademais haberá dúas sesións, de 17.30 a 18.30 horas e de 18.30 a 19.30 horas en Castro Riberas de Lea. Os xoves terá lugar a actividade de patinaxe, con sesións de 15.30 a 17.00 horas no Castro de Rei e de 17.20 a 18.50 horas en Castro Riberas de Lea. Os venres desenvolverase o multideporte, de 15.30 a 16.30 horas no CEIP Ramón Falcón e de 16.00 a 17.00 horas no CEIP Veleiro Docampo.

Para participar nas actividades será obrigatorio levar roupa cómoda, como chándal. No caso da piscina, as sesións comezarán o 2 de novembro, mentres que o resto das actividades darán comezo o 7 de outubro.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de outubro de 2026. As persoas interesadas poderán formalizar a matrícula a través do código QR ou da ligazón habilitada polo Concello.

As tarifas varían en función do número de irmáns inscritos. A matrícula ten un custo de 50 euros para o primeiro irmán, 30 euros para o segundo, 20 euros para o terceiro, 10 euros para o cuarto e 5 euros para o quinto e seguintes. A cota mensual tamén se adapta ao número de irmáns e oscila entre os 10 euros para o primeiro inscrito e cantidades inferiores para os seguintes. O pagamento realizarase por domiciliación bancaria e a matrícula aboarase en dous prazos, nos meses de novembro e febreiro.

0.15709185600281