O Concello de Castroverde acollerá en marzo o III Concurso de Tapas

LugoXa
Os bares e restaurantes participantes ofrecerán elaboracións únicas para deleitar a veciños e visitantes
concurso_tapas_castroverde_2024_
23 Feb 2025

O Concello de Castroverde acollerá os días 28, 29 e 30 de marzo o III Concurso de Tapas, un evento gastronómico que reunirá diversos establecementos locais nunha competición chea de sabor e creatividade.

Os bares e restaurantes participantes ofrecerán elaboracións únicas para deleitar a veciños e visitantes. Entre eles atópanse A Lenda, coa súa tapa Que locura, Lucio Rodinos con Néboa na serra, O Camiño con Tapilla sixtina, O Pendello de Moisés con De cine, Roma con Sabores da terra e Taberna Senador con Airíños celtas.

O concurso desenvolverase en distintos horarios: o venres 28, de 20.30 a 23.30 horas; o sábado 29, de 13.00 a 15.30 horas e de 19.30 a 23.30 horas; e o domingo 30, de 13.00 a 15.30 horas.

Na edición de 2024, a tapa gañadora foi Airíños do mar da Taberna Senador, demostrando o alto nivel gastronómico dos participantes.

O evento está organizado polo Concello de Castroverde e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo, e Estrella Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.19443511962891