O Concello de Castroverde conta cun novo camión para o servizo de recollida do lixo

LugoXa
O Concello de Castroverde mellorará e ampliará o seu servizo de recollida de lixo ao aumentar a frota de vehículos.
1 Feb 2024

O Concello de Castroverde mellorará e ampliará o seu servizo de recollida de lixo ao aumentar a frota de vehículos. A empresa Servizo dos Concellos Galegos, encargado de dito servizo no municipio, vén de facer entrega ao Goberno local dun novo camión.

Esta iniciativa dá resposta así a unha demanda prevista no obxecto do contrato coa empresa concesionaria.

0.113529920578