O Concello de Cervantes organiza a Festa dos Maiores o 18 de abril

O alcalde de Cervantes invita a todas as persoas maiores de 65 anos empadroadas no concello a participar na tradicional Festa dos Maiores, que se celebrará o próximo 18 de abril.
A xornada comezará cun xantar no polideportivo de San Román ás 14:00 horas, onde centos de veciños compartirán a comida nun ambiente festivo e de camaradería. Ás 16:00 horas celebrarase un torneo de tute para aquelas persoas que desexen participar e poidan gozar dunha tarde de xogos e diversión.
As persoas interesadas en asistir deben anotarse nas oficinas do Concello ou chamando ao teléfono 982 364 904 antes do luns 13 de abril, data límite para formalizar a inscrición.
Esta iniciativa busca promover a convivencia, a alegría e o encontro entre os maiores do municipio, consolidándose como unha cita esperada cada ano en Cervantes.