O Concello de Cervo enviou por correo as máscaras elaboradas por voluntarios
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Abr 2020
Xa están de camiño a todos os domicilios de Cervo con menores de entre 3 e 14 anos as máscaras elaboradas por persoas voluntarias do municipio.
Van acompañadas dun diploma no que se recoñece o comportamento exemplar dos pequenos durante o confinamento e dun folleto informativo que identifica aos veciños que teceron este material complementario de protección.
Tamén inclúe unhas recomendacións básicas de uso.