O Concello de Cervo ofrecerá durante todo este mes de abril clases virtuais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Abr 2020

O Concello de Cervo ofrecerá durante todo este mes de abril clases virtuais completas impartidas por, Belinda Canoura, a monitora das Escolas Deportivas Municipais.

As sesións -de ximnasia de mantemento, aerozumba e pilates- subiranse de luns a xoves, ás 11.00 horas, na canle de youtube oficial do Concello de Cervo https://www.youtube.com/results?search_query=concello+de+cervo.

Recordamos que desde que comezou o  confinamento, vimos compartindo regularmente nas nosas redes sociais diferentes rutinas deportivas dirixidas polos monitores das ADM de Cervo; pero a partir de agora esas clases serán de maior duración, sesións completas.

O obxectivo é ofrecer á veciñanza diferentes opcións para que durante a corentena no deixen de practicar deporte nas súas casas; xa que o exercicio resulta fundamental sempre, pero nestes días é básico para poder manter o noso corpo e a nosa mente saudables.

Os exercicios están pensados para realizar tanto de xeito individual como en familia, con elementos que todos temos nas nosas casas.

Desde o Concello animan a toda a veciñanza a seguir estas sensións, que tamén se irán compartindo no Facebook diariamente.

0.2075400352478