O Concello de Cervo pecha os paseos marítimos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 Mar 2020

O Concello de Cervo procedeu ao peche total do paseo marítimo de San Cibrao, e de todos os parques e zonas públicas do municipio, como medida para reforzar o cumprimento das medidas impostas nestes días, a fin   de que a veciñanza saque ás súas mascotas o máis preto posible ao domicilio, e para que o traxecto aos establecementos de alimentación e ás farmacias sexa directo, co obxectivo de que non empreguen estes espazos públicos como zonas de esparexemento, durante o Estado de Alarma.

Desde o Concello recordan que os parques infantís xa foron pechados o pasado 13 de marzo, e agora, antes os días máis críricos, estanse a endurecer as medidas a instancia dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Con todo precisan que a gran maioría da cidadanía está a demostrar un comportamento solidario e exemplar á altura das circunstancias.

0.16107296943665