O Concello de Foz segue a realizar traballos de mellora na contorna do municipio
									TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa								
			O Concello de Foz segue a realizar traballos de mellora na contorna do municipio.
 					
					
27 Jul 2020
			
				O Concello de Foz segue a realizar traballos de mellora na contorna do municipio.
Así, esta semana estiveron arranxando a beirarrúa no Paseo da Ribeira e no colector no Campo da Caban.
Tamén estiveron perfilando a limpeza da plataforma e das cunetas en Trasmonte de Santa Cilla e Vilela en San Martiño, arranxando o peche da pista deportiva en Nois, e facendo as correspondentes tareas de limpeza e desbroces en viais de Santa Cilla e San Martiño ao igual que nos paseos marítimos e áreas recreativas.