O Concello de Foz selecciona 6 prazas de socorristas e 5 de peóns
O Concello de Foz selecciona seis prazas de socorristas para as praias este venres, día 19, e o mércores, cinco de peóns de servizos múltiples.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Concello de Foz fixo hoxe, mércores 17 de xuño, a selección de 5 peóns de servizos múltiples en base á subvención autonómica para persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga. Estas convocatorias son moi importantes, xa que estamos dando unha oportunidade de empregabilidade a persoas que o precisan e que de outra forma terían moi complicado acceder ao mercado laboral. Son 5 contratos de 9 meses de duración e durante a temporada estival os operarios, xunto a outro persoal contratado con fondos propios do Concello, serán os encargados de manter os nosos areais limpos e en condicións”.
Para rematar o alcalde focense anuncia a todos aqueles socorristas habilitados e que sexan demandantes de emprego que se poñan en contacto co SEPE de Ribadeo, no teléfono 982.870.690, ou co servizo de emprego do Concello de Foz, no 982.140.027, extensión 1029.