O Concello de Friol inaugura un innovador centro colaborativo

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol vén de inagurar o centro colaboratico para o impulso económico e tecnolóxico do munipio, para o cal destina 295.
torneofutbol
15 Dec 2020

O Concello de Friol vén de inagurar o centro colaboratico para o impulso económico e tecnolóxico do munipio, para o cal destina 295.000 euros para a posta en marcha de un centro innovador con obxecto de potenciar a promoción económica así como para poñer ao alcance de todos os veciñoso uso das novas tecnoloxías.

O alcalde, Jose Ángel Santos, inaugurou, acompañado do delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz e por varios membros do seu equipo de Goberno, o novo centro que comezará a funcionar de inmediato. Apunta o rexedor que “a promoción económica e o impulso tecnolóxico de Friol son apostas claras para este Equipo de Goberno, así como a modernización en todos os ámbitos”.

Durante o acto de inauguración descubriuse unha placa en honor a un dos escritores mais destacados da provincia e veciño do municipio, o escritor, filósofo, ensaísta e intelectual Celestino Fernández de la Vega, coñecido como Cilistro. Participou no acto o seu fillo Alberto, o cal se mostrou agradecido pola iniciativa do Concello, de dedicar un edificio á figura do seu pai.

Pola sua parte, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou que a administración autonómica distribuirá 7,3 millóns de euros entre os 24 GDR galegos para garantir a continuidade da suaactividade durante os anos 2021 e 2022. Con esta medida, dixo, “trátase de seguir implicando aos axentes locais de cada territorio no impulso de novos proxectos que contribúan a acadar un maior grao de desenvolvemento do medio rural”.

Este centro colaborativo, nace como iniciativa municipal ante as necesidades detectadas e demandadas por toda a veciñanza, en calquera rango de idade, polo que desde o Concello, apostouse por realizar un gran esforzo económico e agora darase este servizo a todos os veciños de Friol.

O obxectivo é poñer a disposición de toda a poboación do municipio, tanto particulares, como asociacións, emprendedores, entidades de economía social, e do propio Concello, un espazo adaptado ás necesidades actuais para a prestación de servizos económicos e formativos, con puntos de acceso TIC, para suplir as deficiencias detectadas no municipio.

O centro Colaborativo, está ubicado anexo ao centro sociocultural, co ánimo de coordinar as actividades de ambos centros e poder realizar unha oferta tanto formativa como recreativa, cultural e de servizos sociais á poboación, conxunta e coordinada, que se espera poder ampliar de cara ao próximo ano.

Para a posta en marcha de este centro colaborativo, con unha inversión de 295.000 euros conta con unha axuda da Agader, e dentro do marco do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020, a través do Programa Leader, por un importe de 160.000 euros, foi precisa a demolición do antigo edificio do Punto de Atención a Infancia e a construción dunhas novas instalacións que fosen capaces de cumprir cos obxectivos marcados e así, proxectouse un centro con unha superficie útil de 160m2, de unha sola planta e con dúas zonas independentes, unha para formación e outra para usos e servizos xerais.

Para iniciar as súas actividades, en este centro colaborativo xa se encontra instalada unha aula de formación e de informática, para dar acceso a un programa de formación online non regrada flexible e con titorizaciónpersonalizada, que ampliará as competencias persoais e profesionais de persoas adultas.

Tamén están en marcha diferentes actuacións, entre outras un programa de economía social para dar apoio ás entidades de economía social do municipio e fomentar as mesmas, o asesoramento a pequenas e medianas empresas en materias relacionadas coas necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico da covid-19.

O rexedor Jose Ángel Santos, sinala “ a partir de agora con máis forza seguiremos incrementando e poñendo a disposición da nosa veciñanza proxectos de índole económica, social, formativa e todos aqueles que poidan axudar ao noso tecido produtivo. Poremos á súa disposición locais de reunión, e coidaremos a economía social como motor da fixación da poboación no noso municipio, a aposta polo rural en Friol xa é unha realidade non unha necesidade”.

Este proxecto, que se iniciou a mediados de 2019, comeza a dar servizos en un tempo récord, tendo en conta a situación actual de pandemia que estamos vivindo e as restricións ás que nos somete a mesma.

torneofutbol
0.10489296913147