O Concello de Guntín mellora o acceso a Fargos, Merío e Costante

LugoXa
As actuacións nas vías municipais buscan facilitar a mobilidade e reforzar a seguridade da veciñanza
melloras-accesos-Guntín
19 Mar 2026

O Concello de Guntín continúa co seu plan de posta a punto das vías municipais, realizando traballos de mellora no acceso a Fargos, Merío e Costante.

Estas actuacións teñen como obxectivo facilitar a mobilidade e garantir unha maior seguridade para os veciños e veciñas.

Esta iniciativa supón un paso máis no compromiso do Concello coa mellora das comunicacións no rural e coa calidade de vida da poboación.

0.1221809387207