O Concello de Guntín mellora os accesos ao núcleo de Sear

O Concello de Guntín completou unha serie de actuacións destinadas a mellorar os accesos ao núcleo de Sear, na parroquia de Entrambasaugas, cun obxectivo claro: garantir unha circulación máis segura e cómoda para a veciñanza.
Entre as intervencións destacan o formigonado de ambos accesos, a limpeza e acondicionamento das cunetas, labores que foron executados pola brigada municipal coas ferramentas e recursos propios do Concello.
Estas actuacións non só facilitan o tránsito diario de vehículos e peóns, senón que tamén contribúen a previr posibles accidentes derivados do mal estado das vías, especialmente en períodos de choiva.