O Concello de Lourenzá exime do pago das terrazas ata o 2021
O Concello de Lourenzá modificou en Pleno e con carácter excepcional as ordenanzas sobre a taxa de residuos sólidos urbanos e a taxa pola utilización das terrazas.
"Estas dúas propostas que levamos ao Pleno dende o equipo de Goberno, foron aprobadas por unanimidade polos tres grupos", di a alcaldesa Rocío López, "a taxa da terraza estará exenta ata decembro do 2021".
A maiores tamén foi ao Pleno unha mocion do BNG sobre a elaboración dun plan galego de reactivación económica para instar a Xunta de Galicia a súa elaboracióne na que o BNG e o PSOE votaron a favor e o PP abstivose.
Tamén se aprobou unha mocion do BNG a favor do mantemento dos postos de traballo das empresas auxiliares de Alcoa e aprobouse por unanimidade dos tres grupos políticos.