O Concello de Lourenzá levará a Pleno medidas para axudar aos veciños e negocios
O equipo de goberno de Lourenzá levará ao Pleno a modificación, con carácter excepcional das ordenanzas sobre a taxa de residuos sólidos urbáns, terrazas, ... daqueles negocios afectados polo Estado de Alarma.
Así mesmo tampouco se procederá ao cobro dos seguintes servicios; Punto de Atención á Infancia, Escola de baile tradicional e ximnasio municipal durante o período que non se prestou ese servicio.
En canto ao sevicio de auga municipal, en colaboración con Espina e Delfin, adxudicataria deste servicio, levaranse a cabo medidas como a de duplicarse o periodo voluntario de pago ata os catro meses, xa que normalmente o periodo voluntario de pago do recibo do primeiro trimestre era maio e xuño, con esta medida amplíase ata principios de setembro (maio-xuño-xullo-agosto).
Ademais retrasarase a data de cargo no banco dos recibos domiciliados de maio ao mes de xuño e seguirase coa paralización dos expedientes de corte de auga por impago ata que se normalice a situación de alerta.
Tamén seguirase coas medidas de aprazamento de pago mediante fraccionamento de recibos para aqueles abonados que así o precisen e que configuren un plan de pagos.
Dende o equipo de goberno estan a traballar para poñer en marcha estas e outras medidas excepcionais que axuden a paliar os efectos desta crise do Covid-19.