O Concello de Lugo abre a pasarela peonil de San Roque

LugoXa
Rubén Arroxo anuncia a apertura da pasarela de Fontiñas, na que o muro inferior conta cun mural realizado polo viñetista Luís Davila
Pasarela san roque bng
Pasarela san roque bng
8 jul 2022

O tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da apertura da pasarela peonil do Centro de Saúde de San Roque. O tenente alcalde explicou que "despois do remate dos traballos e dos trámites administrativos, abrimos esta nova infraestrutura á veciñanza", e engadiu “a partir de hoxe as veciñas e veciños de Lugo contan con esta infraestrutura, que soluciona os problemas de accesibilidade do Centro de Saúde”.

A pasarela construída polo Goberno de Lugo une o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior.

Isto permite conectar este centro de Saúde coa Rolda de Fontiñas sen ter que subir as costas, aproveitando o ascensor de Fontiñas. No muro inferior, o Goberno de Lugo contou co viñetista Luís Davila para a elaboración dun mural.

A pasarela conta cun gálibo de máis de 4 metros, permitindo a circulación de vehículos pola súa parte inferior, e ten unha lonxitude de 34,68 metros

Rubén Arroxo explicou que "desde a área de Mobilidade estudamos, desde a nosa chegada ao goberno, as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda, dando continuidade ao ascensor xa instalado e solucionando unha reclamación da veciñanza da zona".