O Concello de Lugo abre actividades de verán no rural para nenos e nenas de 4 a 12 anos

LugoXa
As propostas desenvolveranse en xullo e agosto en varias escolas parroquiais cun custe de 1,03 euros por xornada e prazos de inscrición ata o 27 de xullo
San-Vicente-do-Burgo-Lugo
25 Jun 2026

A Concellería de Medio Rural do Concello de Lugo propón unha programación de actividades de verán dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos empadroados no municipio, dando preferencia aos residentes na zona rural.

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, organizadas en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 31 de agosto. Levaranse a cabo nas escolas de Saa, Orbazai, O Burgo, Pías e Santa Comba, cun mínimo de 6 participantes e un máximo de 15 por centro.

O prazo de solicitude remata o 26 de xuño para as dúas primeiras quendas e o 27 de xullo para as dúas restantes, debendo presentarse as inscricións no rexistro do edificio administrativo do Concello de Lugo ou a través da sede electrónica, achegando o modelo de inscrición e o xustificante de pago, cun custe de 1,03 euros por persoa e xornada.

O Concello destaca que esta iniciativa busca favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e reforzar o apoio ao medio rural.

0.14571905136108