O Concello de Lugo acondiciona o campo da festa de Galegos para a celebración das festas patronais

LugoXa
A área de Infraestruturas mellorou o terreo con zahorra, deixando o espazo preparado para os festexos que arrancan o 24 de xullo
campo-de-festas-Galegos-Lugo
21 Jul 2025

O campo da festa de Galegos xa está listo para acoller as celebracións patronais que comezarán o vindeiro 24 de xullo, logo da intervención realizada pola área de Infraestruturas da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo. O espazo foi acondicionado con zahorra para mellorar o seu estado e garantir unhas mellores condicións para o desenvolvemento dos festexos.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, desprazáronse ata a parroquia para comprobar in situ o resultado dos traballos, nunha visita na que estiveron acompañados por veciños e veciñas da zona. A actuación forma parte do compromiso do goberno municipal de apoiar os barrios e reforzar os espazos de encontro e convivencia para a cidadanía.

Durante a visita, Rubén Arroxo salientou que "nos últimos anos desde a Tenencia de Alcaldía realizouse un importante esforzo por mellorar a imaxe e os espazos públicos da zona de Galegos", ao tempo que asegurou que "seguimos traballando nas zonas periurbanas de Lugo para garantir o benestar de todas as veciñas e veciños da cidade".

⚙ Configurar cookies
0.17410516738892