O Concello de Lugo apoia a música local nos barrios e parroquias cunha achega directa da área de Cultura

LugoXa
Maite Ferreiro mantén reunións coas comisións de festas para coordinar grupos musicais de todos os estilos e ampliar a oferta cultural
concelleira-de-Cultura-comisións-de-festas-Lugo
13 Mar 2026

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantén diversas xuntanzas con integrantes das comisións de festas das distintas parroquias de Lugo para comezar a coordinar a colaboración da área de Cultura con estas actividades ao longo de todo o ano.

Ferreiro destacou que os barrios contarán con grupos de música de todos os estilos: “Desde a área de Cultura encargarémonos de pagar á agrupación, facilitando achegar a cultura ás parroquias e a todos os barrios da cidade”, afirmou, e engadiu que “ampliarase a oferta de agrupacións dispoñibles e realizarase unha mellor xestión do diñeiro público”.

A Área de Cultura ten reservados 20.000 euros no seu orzamento para apoiar as festas das parroquias e barrios. As solicitudes deben presentarse ante a área por integrantes das comisións ou asociacións organizadoras, que serán avaliadas para determinar a asignación dun grupo de música para cada celebración.

0.12074995040894