O Concello de Lugo aproba os orzamentos para o 2024

LugoXa
As partidas contemplan investimentos para seguir peatonalizando as rúas, para o plan de renovación do alumeado público, así como para mellorar as instalacións do cemiterio municipal e da praza de Abastos e continuar cos programas culturais Este xoves durante o Pleno Extraordinario o Concello de Lugo aprobou os orzamentos 2024, que ascenden aos 121.
pleno_orzamentos2024_lugi
pleno_orzamentos2024_lugi
1 feb 2024

As partidas contemplan investimentos para seguir peatonalizando as rúas, para o plan de renovación do alumeado público, así como para mellorar as instalacións do cemiterio municipal e da praza de Abastos e continuar cos programas culturais

Este xoves durante o Pleno Extraordinario o Concello de Lugo aprobou os orzamentos 2024, que ascenden aos 121.855.425 de euros, o máis alto da súa historia. Durante a sesión, foron aprobadas de forma definitiva as contas para este exercicio co voto favorable do equipo de Goberno e a nagativa do Grupo municipal popular. Deste xeito, coa publicación este venres no BOP, entran en vigor os presupostos máis elevados da historia de Lugo, que supoñen un incremento dun 3,27 % en relación aos de 2023.

A alcaldesa Paula Alvarellos destacou os principios porgresistas nos que se amparan estes orzamentos, que incorporan as suxestións da veciñanza. “Trátase dunha contas cunha clara proxección social. De feito, destinamos un 30% deste orzamento á implementar políticas sociais, facendo fincapé nas persoas máis vulnerables". Apostan tamén por impulsar a rehabilitación e a rexeneración dos barrios, "construíndo espazos publicos humanizados e renaturalizados que incentiven á convivencia interxeracional ao tempo que evidenciamos un compromiso firme co noso tecido produtivo que permita dinamizar a actividade económica e xerar emprego", engade. Fano sen "descoidar a educación, a cultura, o deporte, a ciencia e a innovación, e aos distintos colectivos como a muller, infancia e os maiores”, asegurou Alvarellos.

Pola súa parte, o tenente alcalde, Rubén Arroxo, volveu defender a idea de "continuar a avanzar no proxecto de cidade co que levamos anos mellorando Lugo, facendo unha cidade máis amable para as persoas". Rubén Arroxo destacou que as novas contas “permitiranos continuar cos proxectos xa iniciados e avanzar no tempo novo que abrimos desde o goberno, cun Lugo que aproveite o seu patrimonio histórico e natural”.

Investimentos: peonalizacións e sostibilidade urbana

Outra porcentaxe importante deste documento está copado polos investimentos. O Goberno local destinará 1.411.356 euros á conclusión dos 4 proxectos previstos dentro da estratexia do Corazón Verde, para finalizar a peonalización total do Centro Histórico e a implantación da Zona de Baixas Emisións e tamén para o inicio do Plan de Sostibilidade Turística.

Outra das áreas que maior importe aglutina neste 2024 será a de Sostibilidade Urbana, onde se contempla xa unha partida de 232.450 euros para o inicio da intervención no Pazo de Dona Urraca, así como outros 210.900 euros para as expropiacións que permitirán acometer a supresión de varios tapóns urbanísticos na cidade e 330.630 euros para finalizar coa expropiación que permitirá unir o cinto verde do Miño e Rato.

Ademais, resérvanse máis de 2’5 millóns de euros para melloras, peonalizacións e humanizacións de diferentes vías que redundarán nunha mobilidade máis funcional, acorde co modelo da cidade. Nesta liña, destínanse 1.202.990 euros para mellorar zonas verdes de esparexemento, parques infantís e espazos de ocio de uso público. Asemade, o rural contará cunha contía de 513.055 euros para mellora das súas infraestruturas encamiñadas a mellorar da cohesión territorial

Peonalización da Milagrosa e do barrio Recatelo

O tenente alcalde afirmou que con estas partidas, Lugo “continuará a avanzar na recuperación do espazo público para as persoas, no aforro enerxético e na mellora dos espazos urbanos”. Deste xeito, anunciou que se dedicarán 365.000 euros á peonalización da Rúa Milagrosa, unha iniciativa que permitirá completar a zona de paseo entre o centro da cidade e a praza da Milagrosa, completando o trazado peonil que remata actualmente en Luís Seoane.

Con respecto á área de Mobilidade e Infraestruturas, Arroxo anunciou o investimento de 460.000 euros para o barrio de Recatelo. "Despois de rematar as rúas principais, continuamos a traballar na mellora da imaxe de Recatelo, unha zona importante que xa permite a comunicación do centro co Parque de Rosalía de xeito totalmente peonil e que seguiremos a mellorar", explicou. Ademais, no vindeiro ano executarase a semipeonalización do Carril dos Loureiros, habilitando “unha plataforma única que permita desfrutar de espazos peonís, tal e como consensuamos coa veciñanza da rúa”.

A Tenencia de Alcaldía executará tamén a renovación do muro de Frei Plácido Rei Lemos, ao que se destinann 770.000 euros. “O persoal técnico do Concello de Lugo leva máis de 15 anos revisando o desgaste deste muro e decidiuse actuar agora, antes de que a estrutura continúe a deteriorarse”, engadiu o tenente alcalde.  As pavimentacións nas zonas urbanas e periurbanas contan cun orzamento de 800.000 euros, adicados a pavimento e contornas escolares, e 80.000 euros para estudos de tráfico, como a mellora da circulación na contorna da Fonte dos Ranchos e a peonalización da Rolda da Muralla na zona norte.

Plan de renovación do alumeado público

O plan de renovación de alumeado público en zonas urbanas e periurbanas continuará tamén no 2024, aos que se destinan 130.000 euros para a renovación das luminarias. "Estes investimentos son rentables en pouco tempo xa que reducen amplamente o consumo eléctrico e diminúen o impacto ambiental, nun momento no que as administracións temos que facer un importante esforzo en reducir o consumo enerxético", afirmou Arroxo. A Ponte Romana recibe 150.000 euros que permitirán executar unha solución definitiva aos danos detectados na estrutura debido ás intensas riadas do ano pasado.

En canto á área de Participación, Rubén Arroxo destacou un investimento de 145.000 euros para mellorar as instalacións da praza de Abastos e 180.000 para realizar investimentos no Cemiterio Municipal, onde se incluirá a construción dun espazo para mascotas.

Investimentos nos servizos sociais

Incorpóranse 350.000 euros para investimentos en Deportes. Outros servizos estratéxicos para a veciñanza, como son a Policía Local e Bombeiros, serán mellorados cun investimento de 539.100 euros destinados a equipamentos tecnolóxicos e materiais para os servizos de emerxencia. As contas prevén melloras nas dependencias municipais que prestan servizos de carácter social e veciñal, entre elas os edificios de Servizos Sociais, o Fogar do Transeúnte ou Biblioteca do Centro Interxeracional Paco Martín, que contarán con investimentos por valor de 157.000 euros. De forma complementaria, destínase 60.000 estarán a avazar en accesibilidade no espazo urbano.

Antes de concluír, a rexedora destacou que o compromiso co tecido asociativo. “Dedicamos unha partida de case 6 millóns de euros para actuacións que se desenvolven a través dos distintos convenios e subvencións, en ámbitos e colectivos moi diversos, pero que teñen un alto valor engadido e cun retorno social que está fóra de toda dúbida”, puntualizou. Así mesmo, incidiu que os orzamentos inclúen 3,5 millóns de euros para a Intermodal, destinados a construción do paso de cidade e da urbanización da contorna.

Por último, a área de Cultura continuará a manter unha ampla programación cultural durante todo o ano, apostando polo tecido cultural local e pola promoción turística da cidade, cunha partida de 600.000 euros, e reservando 757.000 para o San Froilán. Rubén Arroxo anunciou 15.000 euros para a adquisición de instrumentos na Escola Municipal de Música e que se reservará unha partida para unha escultura en homenaxe a Darío Xohán Cabana, cumprindo cunha das solicitudes da familia.

"Boicot" da oposición

O encargado de defender o documento deseñado polo equipo de Goberno foi Pablo Permuy, responsable de área de Xestión Integral de Recursos Internos. Durante a súa intervención, o edil afeou a “actitude de boicot permanente” amosada pola oposición.

“A súa estratexia de bloqueo queda en evidencia co seu xeito de actuar en relación ás alegacións. A pesar de coñecer a normativa, optaron pola desinformación e alentaron a varios colectivos da cidade a presentar unhas alegacións que legalemnte non teñen percorrido porque non se adaptan á normativa. Isto é gravísimo. Están a enganar a veciñanza co único obxectivo de retrasar a entrada en vigor destes orzamentos cun fin unicamente partidista”, sinalou o concelleiro.