O Concello de Lugo aproba varias obras de mellora no municipio

LugoXa
Entre as principais actuacións, destacan as obras de mellora no entorno do Colexio Rosalía de Castro
Xunta-de-Goberno-local-Lugo
7 May 2025

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou durante a última Xunta de Goberno Local a aprobación de varias iniciativas que mellorarán infraestruturas e servizos na cidade.

Entre as principais actuacións, destacan as obras de mellora no entorno do Colexio Rosalía de Castro, situadas na rúa Cambria, cun orzamento de 139.610,02 euros e un prazo de execución de tres meses.

As empresas que se presenten a concurso poderán baixar este importe para obter a correspondente adxudicación e facer a obra no prazo acordado polo goberno municipal.

Así, o colexio beneficiarase do plan de seguranza dos entornos escolares da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo. O proxecto da obra foi presentado, ante representantes da ANPA e da dirección do centro, por Rubén Arroxo.

Este tamén é un dos cinco centros da cidade incluidos no programa de vieiros escolares seguros "facilita a conciliación familiar, ademais de promover hábitos de vida saudables e reducir o tráfico rodado na contorna dos colexios", dixo Rubén Arroxo, que asegurou que esta actuación complementa o proxecto "Camiño ás Aulas".

Ademais, tamén se aprobou o asfaltado da rúa da Agricultura, no polígono industrial do Ceao, cun orzamento de 134.692,38 euros e un prazo de execución de 12 semanas. Esta intervención permitirá mellorar a infraestrutura viaria desta zona industrial, un paso importante para facilitar o acceso e a circulación nos polígono e potenciar a súa actividade económica.

Rubén Arroxo tamén anunciou a licitación do servizo de reprografía para o arquivo municipal. Este servizo, cun orzamento de 6.546,10 euros, terá unha duración dun ano, con opción a prorrogarse por un máximo de cinco anos. A licitación ten como obxectivo garantir a conservación e xestión dos documentos do arquivo municipal, facilitando así o acceso á documentación administrativa e mellorando os procesos internos do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.077930927276611