O Concello de Lugo asegura que se cumpren os ratios de atención na escola infantil Gregorio Sanz

LugoXa
Reiteran que o primordial e prioritario para o Concello é a correcta prestación do servizo e a atención axeitada das crianzas
Gardería-Gregorio-Sánz-Lugo
24 Out 2024

O Goberno Local de Lugo volve pronunciarse con respecto da situación que vive a escola infantil Gregorio Sanz. En primeiro lugar, e nunha nova ocasión, reiteran que o primordial e prioritario para o Concello é a correcta prestación do servizo e a atención axeitada das crianzas usuarias do centro. "Un aspecto que estivo garantido en todo momento, incluso a pesar da repentina baixa médica que cursaron todas as traballadoras do centro na mesma xornada". O máis importante para a Administración local e a súa principal preocupación é que os nenos e nenas están sendo coidados por profesionais cualificadas, baixo a supervisión e coordinación da directora do centro e do Servizo de Educación, "cumprindo os ratios de atención fixados e dispensando, coma sempre, un servizo de calidade á poboación".

En segundo lugar, o Concello repite, "como xa se lle indicou ás propias traballadoras do centro a principios de setembro, e como se trasladou de forma directa á comunidade educativa do Gregorio Sanz", que dende que tivo coñecemento da incorporación da traballadora iniciou os procedementos administrativos oportunos para resolver a situación, respectando escrupulosamente o marco normativo en materia de regulación de Persoal. "Un proceso que segue os pasos necesarios para resolverse coa maior das garantías para todas as persoas implicadas e que está próximo a finalizar".

O Concello sinala que se está a ofrecer con normalidade dentro do seu desenvolvemento habitual en canto a prestacións e horarios e velará polos dereitos de todas e todos os traballadores municipais, sendo esta a premisa pola que se están rexendo todas as actuacións adoptadas ata o momento, así como as susceptibles de iniciar, e mesmo a política de comunicación coa que se está a abordar todo o proceso e dentro do cal se está a dar traslado dos avances que se produzan de maneira directa ás familias implicadas.

0.21222901344299