O Concello de Lugo convoca unha reunión veciñal para abordar o futuro do barrio do Castiñeiro

LugoXa
O encontro celebrarase este xoves no Telecentro Castiñeiro para informar sobre dous proxectos urbanísticos previstos na zona
Festas-San-Antonio-O-Castiñeiro-Lugo
23 Jul 2026

O Concello de Lugo celebrará este xoves, 23 de xullo, unha reunión informativa aberta á veciñanza do barrio do Castiñeiro co obxectivo de presentar dúas actuacións urbanísticas previstas para a zona e recoller as opinións e achegas da cidadanía.

O encontro terá lugar ás 20.00 horas no Telecentro Castiñeiro, situado na Praza Castiñeiro s/n, baixo o lema 'Falamos do futuro do Castiñeiro. A túa opinión conta!'.

Durante a reunión informarase sobre a prolongación da rúa Evaristo Correa Calderón e a eliminación do tapón urbanístico da rúa Dona Urraca, así como sobre a regularización dos espazos situados na contorna das Casas Sindicais.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar neste encontro aberto, co propósito de dar a coñecer os proxectos previstos e favorecer a participación cidadá nas actuacións que marcarán o futuro do barrio.

0.14059996604919