O Concello de Lugo habilitará baños públicos e un punto de información turística no quiosco da Praza Maior

O goberno local de Lugo destinará o quiosco situado na parte posterior da Praza Maior á creación de baños públicos e dun punto de información turística, dando resposta así a unha demanda existente nun dos lugares máis céntricos e transitados da cidade.
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, explicou que a Área de Participación Cidadá xa fixo entrega do decreto que permitirá formalizar a incorporación deste inmoble ao patrimonio municipal.
Segundo recolle o informe elaborado polo Servizo de Contratación e Patrimonio, a acta da poxa pública celebrouse o pasado 21 de maio de 2026 e, ao quedar sen licitadores, iniciáronse os trámites necesarios para a adxudicación do quiosco a favor do Concello de Lugo.
O propio documento municipal sinala que este espazo permitirá cubrir dúas carencias existentes actualmente na Praza Maior, ao non dispoñer nin de aseos públicos nin dun punto estable de información turística.
Desde o executivo local destacan que esta actuación se enmarca dentro do traballo que se está impulsando para continuar avanzando na mellora dos servizos e dos equipamentos públicos da cidade.